Mellora da rede de saneamento, soterramento de alumeado público, colectores e urbanización da praza da Mercé de Verín
Nos últimos anos o Concello de Verín, dentro do seu plan de protección do casco histórico da vila, realizou actuacións de rehabilitación de medios arquitectónicos e técnicos, e mellora de espazos e equipamentos urbanos de modo que se garanta un equilibrio entre a parte antiga e moderna. Nas últimas xornadas iniciáronse as obras de mellora de rede de saneamento, soterramento das liñas de alumeado eléctrico, canalización subterránea de telefonía, soterramento do servizo de gas e de colectores de lixo, así como a urbanización da praza da Mercé, mediante nova pavimentación e colocación de mobiliario urbano.
A través da convocatoria de axudas da Consellería de Economía e Industria melloráronse, nas pasadas datas, zonas do casco histórico de Verín como o entorno da praza Maior e García Barbón, rúas Merced, Amaro Refojo, Cruz, Pozo, Traviesa, Viriato, Maior, Aduana, Lisa, Olivar e San Lázaro. Nesta ocasión a través da concesión dunha subvención desta Consellería, que cubre o 75% do total da obra e que só pode ser destinada a mellora de zonas peonís e comerciais (Orde do 30 de abril de 2013 publicada no DOG nº 88, do 3 de maio de 2013), o Concello de Verín decidiu destinala á remodelación da zona peonil no espazo de conexión da avenida Luis Espada coa praza da Mercé.
As obras de urbanización desta zona da plaza da Mercé, que finalizarán no prazo dun mes, contemplan as seguintes actuacións:
– Unificación a un único nivel, as rasantes existentes, eliminando o resalto entre as beirarrúas e a calzada para adaptarse as cotas esixidas polo decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. As beirarrúas actuais non cumpían devandito decreto e era necesario reducir a altura das mesmas e adaptalas as cotas esisixidas para facilitar o acceso por parte das persoas con mobilidade reducida.
– Renovación do pavimento que tiña bastantes pedras deterioradas pola calidade das mesmas.
– Execución de colectores soterrados para a xestión de residuos de modo diferenciado -dous de material orgánico, un para plástico e outro para vidro-, o que permitirá potenciar a importancia do reciclaxe e separación de materiais, e eliminar os colectores en superficie, finalizando así co malos olores e feísmo dos mesmos situados na praza da Mercé.
– Renovación de parte da rede de saneamento e recollida de pluviais.
– Instalación do alumeado público en liñas subterráneas (antes inexistente) conforme ao Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Barrio de San Lázaro e do núcleo antigo de Verín onde se establecía a eliminación dos tendidos eléctricos e telefónicos aéreos.
– Instalación de boca de rego, enganche da canalización de gas solicitado polos/as veciños/as da praza e canalización subterránea de telefonía.
– Incorporación de novo mobiliario urbano, coa instalación de bancos, papeleiras e árbores que converterán a esta zona de Verín nunha nova área comercial e medioambiental sostible, para desfrute de todos/as os/as verinenses.











