Medio cento de veciños participaron nas II Xornadas Micolóxicas de Oroso

Xornadas micolóxicas
Máis de medio cento de veciños e veciñas participaron esta fin de semana na segunda edición das Xornadas Micolóxicas, organizadas polo Concello de Oroso en colaboración coa asociación cultural Tarandeira. Tras unha breve introdución teórica á micoloxía no centro cultural de Sigüeiro, os participantes realizaron unha saída ao monte para recoller cogomelos.
A pesar de algún que outro chuvasco e logo dunhas tres horas apañando cogomelos, os veciños trasladáronse ata o Restaurante Mariñaos para participar nun xantar-degustación composto principalmente por cogomelos. Pola la tarde, de volta no centro cultural Fernando Casas e Novoa, os alumnos identificaron os cogomelos apañados durante a mañá.











