Matrioshka Teatro estrea en Vilagarcía a súa primeira obra “C’est la vie”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

A compañía da vilagarciana Anabell Gago estréase este venres en Vilagarcía con “C’est la vie” unha divertida e innovadora reflexión sobre a subxectividade do paso do tempo. A recén creada compañía Matrioshka Teatro engade á escena galega o xénero do teatro contemporáneo accesíbel a todos os públicos e tan apetecible de ver como de degustar o biscoito que utilizan no espectáculo para explicar de xeito orixinal e divertido a teoría da relatividade de Einstein e as relacións entre o tempo e o espacio.

“C’est la vie” é o primeiro traballo de Matrioshka Teatro, a compañía co que dúas actrices novas, pero experimentadas no teatro galego, Anabell Gago e Lorena Conde, se lanzan á aventura de crear e poñer en escena espectáculos contemporáneos, creativos, arriscados, cheos de poesía e de sentido do humor.

As dúas actrices súbense ao escenario xunto con Chelo do Rejo para interpretar esta peza na que falan do tempo dende múltiples puntos de vista, inauditos e sorprendentes, pero no que cada espectador poderase identificar. Coa dirección de Marta Pazos e partindo da teoría da relatividade de Einstein, as protagonistas van creando sobre o escenario diversas escenas nas que se fala do tempo e da vida, porque o tempo é a vida mesma, xa que cando se esgota, esgótase a vida. E van explicando como un minuto componse sempre de 60 segundos aínda que, dependendo da situación ou do estado de ánimo, cada persoa pode percibilos de xeito moi diferentes. A veces o tempo pasa moi lento e outras parece que non pasa, e sen embargo, en teoría, debería discorrer sempre á mesma velocidade.

“C’est la vie” represéntase o venres, 8 de novembro no Auditorio ás 21:00 horas. A compañía tamén realizará un pase matinal para alumnos de institutos da comarca. A compañía dispón tamén de unidades didácticas para que os alumnos poidan traballar sobre o texto antes de asistir á función e tamén despois.

7 de novembro de 2013 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.