publicidade hoxe

Malpica conmemora o Día contra a Violencia de Xénero coa obra “E de maior quero ser…”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMalpica de Bergantiños
A-
A+

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, o Concello de Malpica de Bergantiños trae á IX Mostra de Teatro este venres 22 ás 20:30 h a obra “E de maior quero ser…” de Caramuxo Teatro, un espectáculo que trata a violencia de xénero a partir de dous monólogos mesturados con diferentes gravacións.

Unha comedia para disfrutar en familia e para reivindicar o bo trato ás mulleres na sociedade, algo tan preciso e necesario na actualidade. A violencia contra as mulleres, por desgraza, é a protagonista diaria en moitas familias, que no que vai de ano, deixou máis de 40 mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas. A loita contra a violencia de xénero é unha loita de toda a sociedade e é unha prioridade nas políticas municipais do Concello de Malpica, que mediante unha actividade lúdica e artística pretende facer reflexionar ao público e mudar estereotipos e roles de xénero propios dun sistema patriarcal que debe erradicarse, dando paso a unha sociedade baseada na igualdade entre mulleres e homes.

21 de novembro de 2013 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.