Mala Sombra representa o espectáculo “Smoke City” na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroCalendario
A-
A+

Smoke City aborda unha problemática moi de actualidade como é a do tabaquismo, e en particular pon énfase nas consecuencias a curto prazo que causa na vida diaria dos consumidores, e sobre todo, os beneficios de levar unha existencia limpa, sen dependencias.

Esta actividade promovida dende a concellería de cultura do Concello de Boiro, está destinada aos escolares dos tres institutos do concello: IES A Cachada, IES Espiñeira, IES Praia Barraña, asistirán ao redor dos doucentos trinta mozos-as.

13 de novembro de 2013 | 11:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.