Máis de 400 condenados a permanecer no domicilio son custodiados pola Policía Local de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

O responsable da Concellería de Seguridade, Carlos López Font, quixo hoxe poñer en valor o traballo da Policía Local que asume moitos máis traballos que os que se lle coñecen popularmente. Concretamente, o concelleiro referiuse a vixiancia, a instancias xudiciais, de condenados a permanecer localizados no seu domicilio. Os axentes fan a diario 3 visitas a distintas horas do día a unhas persoas que foron condenadas mayoritariamente por hurtos, inxurias, desobediencia á autoridade ou faltas leves e que cumpren penas sustitutivas de prisión no seu domicilio. E a sentencia xudicial, por suposto, a que determina o tempo que dura o control policial.

Font destacou a “importancia” e pocou recoñecemento desta labor policial que no ano 2012 permitiu vixiar a 407 persoas, o que supoñen 11.802 visitas a convictos que maioritariamente, pero non na súa totalidade, foron xuzgadas en Vigo. Destas persoas, o 71 por cento son homes e so un 2,5% do total quebrantan a condena, segundo aseverou López Font.

12 de novembro de 2013 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.