Máis de 300 persoas participan este ano nos Cursos de memoria de Benestar Social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces visita esta tarde distintos barrios e parroquias do concello para dar a bénvida ás persoas que participan nos Cursos de memoria que organiza a Concellaría en Marcón, Lérez, Ponte Sampaio, Bora, Salcedo, o Burgo, e por vez primeira no Centro Social Pontevedra Leste e en San Roque.

Todos os cursos de memoria impártense pola tarde, agás en San Roque que é pola mañá. Son arredor de 320 persoas as que participan todas
as semanas nestes cursos que resultan todo un éxito polos beneficios que reportan a este sector da poboación.

A concelleira visitará esta tarde, ás 18.00 horas, o curso de Marcón; ás 19.00 horas o de Tomeza, e ás 19.35 horas o de Lérez.

5 de novembro de 2013 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.