Máis de 150 rapaces participaron no obradoiro Paraugas da Igualdade en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Dentro da programación organizada pola concellería de Igualdade para conmemorar o 25 de novembro, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”, levouse a cabo o obradoiro PARAUGAS DA IGUALDADE.

Persoal do Centro de Información á Muller (CIM) desenvolveu esta actividade ó largo dos meses de outubro e novembro con 165 alumnos/as de 5º curso dos CEIP de Monforte de Lemos,  

Neste obradoiro, o alumnado deseñou e elaborou paraugas con “slogans” e debuxos relacionados coa temática da igualdade entre homes e mulleres e a non violencia contra as mulleres.

Estes “slogans” e debuxos son o resultado dun traballo previo que se levou a cabo durante tres sesións, de 90 minutos cada unha, ó largo do primeiro trimestre do curso nos seis centros de ensino de Monforte. Durante ese tempo os rapaces e rapazas documentáronse sobre os contidos a tratar (estereotipos de xénero, desigualdades sociais, laborais, educativas, etc) e plasmaron nun paraugas o resultado das súas impresións e aprendizaxes dende unha perspectiva crítica.

O feito de que as nenas e os nenos sexan os propios creadores dos contidos, tanto dos “slogans” coma dos debuxos, facilitou a súa implicación na dinámica da intervención así como un sentimento de creación e de autoría que incrementou a súa auto estima.

Este obradoiro enmárcase dentro do Programa de Educación en Igualdade que o CIM desenvolve durante o curso escolar nos centros de educación primaria co obxectivo de realizar actuacións específicas co alumnado dirixidas a favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, destinadas a facer efectivo o principio de igualdade, mediante un proceso lúdico e didáctico.

Todo o alumnado que participou neste obradoiro asistirá ó acto conmemorativo do ´”Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero” que terá lugar o luns 25 de novembro, ás 12:00 h. na rúa Cardeal.

18 de novembro de 2013 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.