Magosto e inchables no encontro do Santiago Futsal contra Marfil Santa Colomba
Este venres 22 ás 21 h disputarase un dos partidos da xornada entre dous rivais directos na loita polos postos de Copa, Santiago Futsal e Marfil Santa Colomba, no Multiúsos Fontes do Sar. Por iso, o club organizará o “II Magosto do Santiago Futsal”, no que se repartirán castañas recén feitas entre os asistentes ao encontro.
Ademais, os máis pequenos poderán gozar o venres dende as 19,30h dalgúns dos inchables do Multixogo que o Multiúsos Fontes do Sar organiza todos os domingos no mesmo vestíbulo de entrada. Tamén se contará coa zona de entretemento de Planeta Magic con talleres e xogos.
Tamén continúan os sorteos no descanso, patrocinados por Star Center e Hotel Oca Puerta del Camino.
As entradas para o partido xa están á venda nas oficinas do club a 10 € para adultos e 1 € para menores de 13 anos. Os subscritores poderán retirar ata 2 entradas a 5 € cada unha (só en venda anticipada ata o venres ás 14 h).











