Localizan nunha zona de monte en San Amaro ao septuagenario con alzheimer desaparecido no Carballiño
O septuaxenario con alzheimer desaparecido dunha residencia de San Amaro (Ourense) foi localizado pola Garda Civil este venres “desorientado” nunha zona de monte do municipio e foi levado a un centro saúde para recibir asistencia.
Segundo confirmou o Instituto Armado a Europa Press, o home, José Pérez Bravo, de 71 anos de idade, foi localizado nun monte da parroquia de San Cibrao de Las, no termo municipal de San Amaro, onde pasou a noite.
O home estaba “desorientado” e presentada “varios golpes e hipotermia”, así como cortes por algunha caída, segundo indicou a Garda Civil, polo que foi levado ao centro de saúde da localidade para recibir asistencia sanitaria.
A Garda Civil do Carballiño habilitou un dispositivo de busca tras ter coñecemento ás 22.00 horas do xoves 28 de novembro da desaparición de José Pérez Bravo, de 71 anos, enfermo de alzheimer e interno do Centro Fogar Residencial de San Amaro.











