Leo Harlem e Dani de la Cámara clausuran o ciclo de monólogos do Jofre co espectáculo “¿Qué hay de nuevo?”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O ciclo de monólogos programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol finaliza este domingo, día 1 de decembro, coa actuación de Leo Harlem e Dani de la Cámara. Os humoristas subiranse ás 20:00 horas ao Teatro Jofre para presentar o seu espectáculo “¿Qué hay de nuevo?”. A día de hoxe, a falta de cinco días para esta actuación, dos 556 asentos que conforma na capacidade do Jofre –incluídos os situados nos palcos- non queda ningún dispoñible.

Leo Harlem e Dani de la Cámara, dous dos mellores monologuistas deste país, unen as súas forzas e volven xuntos a Galicia para presentar o seu novo espectáculo e repetir o éxito da pasada entrega. Noventa minutos de gargalladas continuas nun paseo polo lado máis cómico da vida cotiá. “¿Qué hay de nuevo?” chega convertido no espectáculo teatral máis divertido do momento. Dani de la Cámara, un dos cómicos de maior garantía, convértesse na “parella de baile” da auténtica estrela actual do humor, Leo Harlem. Unha hora e media difícil de esquecer e na que o público rematará exhausto de tanto rir.

Éxito rotundo

Este ciclo programado polo concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, foi inaugurado o pasado mes de setembro polo humorista Goyo Jiménez e continuou en outubro con Berto Romero. Ámbalas dúas actuacións contaron tamén cun cheo absoluto do teatro municipal.

27 de novembro de 2013 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.