Juanjo convocado de novo pola selección española para a homenaxe a Kike
O seleccionador nacional Venancio López deu a coñecer a nova lista de convocados para o amigable que a selección española disputará o próximo 11 de Novembro no Pazo dos Deportes de Murcia ante a Selección de Grecia, e que servirá de homenaxe a Kike Boned, xogador de ElPozo Murcia. Este partido servirá ademais de preparación para o Europeo de “Bélxica 2014”.
O porteiro do Santiago Futsal, Juanjo Angosto, volve á convocatoria da selección tras disputar a semana pasada dous amigables ante a selección de Portugal, onde España empatou a uns o primeiro partido e gañou 1-3 o segundo encontro, xogando Juanjo unha parte de cada partido.











