IX Mostra de Teatro en Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarballo
A-
A+

Venres 15 de novembro ás 20.30 h.

O Método  Grönholm. Talía Teatro  

Catro aspirantes a ocupar un cargo executivo foron convocados a unha última proba na que a Empresa decidirá quen dos catro é o elixido para o posto. Ao pouco de dar comezo vai quedando claro para todos os aspirantes que aquela non é unha proba convencional. O método Grönholm é un xogo, si. Un xogo constante entre verdades e mentiras. Un xogo un pouco perverso.

Director: Xulio Lago
Elenco: Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo
Duración: 90 minutos
Xénero: Comedia
Público preferente:  a partir de 13 anos

Venres 22 de novembro ás 20.30 h.

E de maior quero ser … de Caramuxo Teatro

Caramuxo teatro presenta de esta volta un espectáculo que trata a violencia de xénero, unha comedia realizada a partir de dous monólogos mesturados con diferentes gravacións. Nos vídeos os escolares amosan a súa singular visión sobre a violencia machista e a desigualdade entre o home e a muller ademais de amosarnos as súas inquedanzas, aspiracións e esperanzas por un mundo máis igual. Entre vídeo e vídeo dúas actrices descóbrennos a unhas mulleres moi diferentes máis con problemáticas semellantes. Unha comedia para aprender en familia.

Dirección: Juan Rodríguez e Laura Sarasola
Elenco: Victoria Pérez e Laura Sarasola
Duración: 50 minutos
Xénero:  Comedia (temática de xénero)
Público preferente : a partir de 8 anos

Venres 29 de novembro ás 20.30 h.

Curriculum vitae. Redrum Teatro

Unha comedia sobre entrevistas de traballo na que asistiredes, a través da invisible cuarta parede dunha oficina, a esas “curiosas” escenas que teñen lugar entre dúas persoas, cando unha delas está sendo xulgada pola outra para acceder a un posto de traballo. Humillación, enchufismo, ineptitude, mala hostia, abuso… vanse sucedendo nas cinco pezas que compoñen a obra. Premio María Casares ao mellor texto orixinal e Mellor música.

Director: Alex Sampayo
Elenco: Mónica García e Guillermo Carbajo
Duración: 80 minutos
Xénero: Comedia
Público preferente: A partir de 13 anos todos os públicos

Sábado 30 de novembro ás 20.00 h.

Facer o sueco. Grupo de teatro Badius

Tomé está nun apuro: o seu xefe sueco do IKEA vén á Coruña devolverlle unha visita. Como é de orixe esquimó, en Suecia cedeulle a súa muller, pero Tomé non está disposto a facer o mesmo. Entón, xunto co seu amigo Casio, un home moi calculador, recorre a unha solución que vai ocasionar unha gran lea.

Duración: 90 minutos
Xénero: Comedia
Público preferente: todos os públicos  

Venres 6 de nadal ás 20.30 h.

Go on!. Malasombra Producións

Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de penetrar nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.

“GO ON!” é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situación extremas como o terrible ataque do despiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte.

Dirección: Marcos Orsi
Elenco: Jouse García e Xoque Carbajal
Duración: 60 minutos
Xénero: Comedia
Público preferente: público familiar

Venres 13 de nadal  ás 20.30 h.

Menciñeiros. Volta e Dalle Teatro

O adro dunha igrexa polo serán, un momento propicio para o paseo e a parola. Por aquí circulan as historias dos menciñeiros retratados por Cunqueiro. Pepe Penabade e os músicos Mini e Mero daranlle vida a estes vellos menciñeiros que ven como o seu tempo esmorece. Os menciñeiros irán desfilando polo escenario, explicando as súas técnicas e os seus casos máis difíciles, botando unha peza de cando en cando para animar a velada.

Dirección: Lucho Penabade e Comba Campoy
Elenco: Pepe Penabade, Min¡ e Mero
Dirección: Lucho Penabade e Comba Campoy
Duración: 55 minutos
Xénero: Comedia
Público preferente: todos os públicos, preferentemente adultos

Domingo 15 de nadal  ás 12.00 h.

A nena e o grilo nun barquiño. Urdime

A que soa? A bicos roubados, á ledicia de atopar un equilibrio de expresión entre tradición e a contemporaneidade. A reafirmar a confianza na música como vehículo e vínculo interxeracional. A Beatles, harmonías vocais, retrousos contaxiosos, a arpas e zanfonas, a violíns , a arpexos de guitarra, silencio…

E que conta? A historia dunha viaxe iniciática onde o mundo se presenta como unha aventura por descubrir. Unha aventura amable e luminosa, mais próxima ao intercambio e a partilla que a concorrencia e a rivalidade.

Elenco: Montse Piñón e Pepablo Patiño.
Músicos: Magín Blanco, Jorgue Juncal e María Faltri.
Duración: 60 minutos
Xénero: Infantil (música e teatro)
Público preferente: público familiar

Mércores 18 de nadal ás 11.00 h.

Xango. Talía Teatro 

A moi extraordinaria Historia do hombre que foi engulido por unha máquina

Benvidos ó máxico e dixital mundo de Xango!

Esta é a extraordinaria historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro se atopou, de tódalas aventuras que viviu, e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar.

Elenco: Toño Casais e Dani Trillo
Duración: 50 minutos
Xénero: Teatro infantil (mimo e clown)
Público preferente:  infantil recomendado de 7 a 12 anos.

No Auditorio do Centro Cívico do Concello de Malpica

21 de novembro de 2013 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.