Invasións zombi e loitas a cargo de especialistas invadirán as rúas de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

A chuvia do pasado sábado “espantaron” aos zombis que tiñan previsto invadir Vilagarcía para a gravación de Videos Creativos, pero os mortos vivintes tomarán a explanada do Auditorio mañá pola tarde sen máis demora. A praza convertirase nun set de rodaxe típico de Hollywood no que unha marea de zombis invadirán as rúas, haberá loitas e persecucións a cargo de especialistas de dobraxe en escenas de acción, trucos e efectos especiais. A actividade é gratuíta e aberta a todo o público que pode participar de xeito activo indo disfrazado de zombi.

A programación manterase tal e como estaba prevista a semana pasada, coa única excepción de que non haberá ráppel. Os que sí asistirán son os especialistas de cine e o dobre do personaxe Rick (da serie The Walking Dead) para participar en diversas escenas de acción durante a gravación do video.

Recrearanse escenas dalgunhas películas e series de moda, realizando un micro rodaxe onde se revivirán escenas de zombis e combates corpo a corpo de policías. Para unha ambientación realista haberá un obradoiro de maquillaxe de zombis a cargo de Adrián Caeiro e Bibiana Álvarez. Pola limitación de tempo e dificultade dos traballos, só poderán caracterizarse 20 persoas, as demais deberán vir maquilladas da casa. Para participar na rodaxe non hai límite de persoas.

Os organizadores recomendan ás persoas que acudan disfrazadas da casa que se caractericen como zombis rurais e armados con ferramentas simuladas de motoserras, hachas, fouces e outros vestidos como enfermeiras, mozas con sables ou mozos con ballestas para imitar as personaxes da serie televisiva.

O programa da actividade do sábado é o seguinte:

15:00 h.- Auditorio de Vilagarcía (set de maquillaxe)
17:00 h.- Práctica e ensaio das escenas.
18:30 h. – Práctica de loita corpo a corpo entre as personaxes de The Walking Dead, “o alcalde” e “Daryl Dixon” a cargo dos dobres de cine.
19:00 h.- Rodaxe da curtametraxe a cargo de Videoscreativos e Eloy Puga.

8 de novembro de 2013 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.