Intervención da Policía Local e Protección Civil nun conato de incendio no barrio de Flores no Carballiño
Un veciño do barrio carballiñés de Flores alertou ás forzas de seguridade da vila da saída de moito fume do tellado dunha vivenda da zona. En escasos 5 minutos policía local e protección civil estaban no lugar dos feitos, procedendo o primeiro lugar a avaliar a situación e posteriormente a atacar a causa do incendio. Ao parecer todo indica que foi unha mala instalación do illante do tiro da cheminea da vivenda o que provocou o incendio, ao estar en contacto co illante da casa o tubo de extracción, sen ningún elemento entre ambos.
En pouco menos de 30 minutos todo estaba finalizado, tendo que lamentar só danos materiais na citada vivenda.











