Inícianse os obradoiros de micoloxía e lingua nos colexios da zona norte de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Estes obradoiros de micoloxía están organizados polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos catro centros escolares do norte de Pontevedra: CEIP de Campañó, CEIP de Lérez, CEIP de Xeve e EEI de Verducido; coa colaboración do Concello de Pontevedra, a través das concellarías de Normalización Lingüística e Xuventude.

Esta actividade ten como obxectivo dinamizar o uso do galego entre os escolares a través do achegamento ao ámbito da micoloxía, para o que se conta coa colaboracióndos especialistas da asociación micolóxica Brincabois.En cada un dos catro centros educativos realizarase un obradoiro que constará das seguintes actividades:

-Charla de introdución á micoloxía.

-Recollida de cogomelos no monte.

-Montaxe de exposición no colexio e identificación dos cogomelos apañados.

Mañá martes a actividade comezará no CEIP de Parada-Campañó:

• Ás 10 horas Amancio Castro impartirá a charla: “Os cogomelos de Campañó”.

• Ás 11 horas sairán recoller cogomelos pola parroquia.

• Pola tarde, a partir das 16.30 horas, montaxe da exposición cos cogomelos recollidos; co asesoramento de Jaime Blanco.

No caso de que a chuvia non permita realizar a saída, adiaranse tanto a recollida de cogomelos das 11 horas como a montaxe da exposición prevista para a tarde.

4 de novembro de 2013 | 15:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.