Incendio nunha nave abandonada no termo municipal de Vigo
Sobre as 22:25 horas do día 11 de novembro, unha patrulla da Policía Local de Vigo comisionada pola Central de Información e Mando, trasladouse á rúa Jacinto Benavente onde se estaba producindo un incendio nunha nave abandonada. No lugar xa se encontraba unha dotación do Corpo Nacional de Policía, os cales manifestaron ter requirido a presenza de bombeiros, que se presentaron pouco despois.
No momento da intervención non se localizou a ninguén na nave, se ben había algúns aparellos e obxectos que indicaban que algún indixente pernotaba no lugar. Responsables do servizo de extinción comunicaron que o lume se orixinara na porta dunha cámara frigorífica, e que a nave se encontraba completamente baleira de mercadorías.











