Inaugúrase a mostra coas obras presentadas ao VI concurso de fotografia “Relacións home-muller 100% positivo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+
Fotografía gañadora

Fotografía gañadora

Onte, ás 19,30h, inaugurábase na zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edificio Área Panorámica) a exposición das obras participantes na sexta edición do concurso fotográfico: “Relación home-muller 100% positivo”. O concurso, convocado pola Concellería da Muller e Servizos Sociais do Concello de Tui, púxose en marcha un ano máis co gallo da celebración do día 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero.

No decurso deste acto comunicouse o nome do gañador desta nova edición do concurso , José Luís Luque Puértolas, quen recibía o cheque de  300 euros coma premio por segundo ano consecutivo.

26 de novembro de 2013 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.