III Concurso de Escaparates de Nadal na Cañiza
Con motivo das vindeiras datas de Nadal, o Concello de A Cañiza convoca a 3ª Edición deste concurso de escaparates.
O Prazo de inscrición finaliza o día 13 de decembro, ás 13h00 horas.
Esta é, xunto coa campaña MERCAÑIZA, outras das actuacións que o Concello está desenvolvendo en prol de activar o pequeno comercio local.
As bases do concurso establecen como tema único todo o relacionado co Nadal. Poderán concursar todos os establecementos comerciais de A Cañiza.
A inscrición é gratuíta e poderá efectuarse por calquera dos seguintes medios:
– Persoalmente nas oficinas do Concello
– Por e-mail: nazaret@caniza.org
O prazo de inscrición rematará o día 13 de decembro as 13.30 horas.
Os escaparates que participen deberán estar colocados o día 16 de decembro e non poderán cambiarse ata o día 6 de xaneiro de 2014.
Para a valoración dos escaparates o xurado terá en conta aqueles aspectos como modernidade e innovación, calidade, orixinalidade, iluminación e exposición do propio produto.
O xurado estará formado por representantes locais. Cada membro puntuará o escaparate visitado de 0 a 10 puntos. A suma de todos os puntos recibidos dará lugar aos gañadores deste Concurso. En caso de empate, volverase a puntuar entre os empatados, pero nesta ocasión do 1 ao 2. O fallo do xurado será inapelable, podendo declarar desertos todos e cada un dos premios previstos. O xurado visitará os comercios nos días seguintes ao peche do prazo de solicitudes, sen que teña que mediar aviso previo ao comerciante.
Establécense os seguintes premios:
1º 150 euros
2º 100 euros
3º 50 euros
O fallo do xurado comunicarase aos establecementos gañadores, publicándose asemade na páxina web do concello: www.caniza.org.
A entrega dos premios terá lugar na Sala de Xuntas da Casa Consistorial o día 23 de decembro ás 13:00 horas.











