II Xornadas Provinciais de Protección Civil no Carballiño

Foto de familia nas II Xornadas Provinciais de Protección Civil
O alcalde do Carballiño xunto co presidente da Deputación ourensana, inauguraron as segundas xornadas provinciais de Protección Civil, que se desenvolven durante a xornada do sábado na vila carballiñesa. Os dous mandatarios destacaron a necesidade de contar cun corpo de seguridade como é protección civil, subliñando o labor que estes realizan imprescindible para a seguridade dos veciños, e que non cobren outras forzas ou grupos de acción.
Marnotes recordou como O Carballiño foi unha das primeiras vilas en ter unha agrupación local de Protección Civil, que naceu no ano 1982, e que agora sería inimaxinable pensar no día a día do Carballiño sen estes voluntarios e membros de Protección Civil.
Durante as xornadas ofrecerase unha exhibición por parte do grupo cinologico da Garda Civil, na que se mostrará como actúan os cans adestrados na busca de persoas perdidas ou desaparecidas.
Tamén se entregarán medallas a membros e personalidades polo seu apoio, dedicación e traballo en Protección Civil. Unha destas medallas será para Argimiro Marnotes Rodríguez, xa que foi, como alcalde da vila nesa data, o que impulsou a creación desta agrupación local.











