I Certame de Creación IMAXINART 2013 en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaXuventude
A-
A+

A Concellaría de Xuventude do Concello de Santiago de Compostela convoca o I Certame de Creación IMAXINART 2013 co obxectivo de promover e premiar a creatividade dos mozos e mozas creadores de Compostela de entre 16 e 30 anos.

A finalidade do concurso é a creación da imaxe corporativa que se vai empregar nos materiais publicitarios das diferentes iniciativas, programas e actividades desenvolvidas por este departamento municipal.

As obras que se presenten ao concurso consistirán na creación da imaxe gráfica da Concellaría de Xuventude, para o que se debe achegar o seguinte material:

1- Un logotipo da Concellería onde se inclúa parte ou todo do seguinte texto: Xuventude
2- Un cartel para cada una das seguintes temáticas:

-Programa de actividades
-VII Certame Musicaxove’14 (Este texto debe figurar no cartel que se presente)

O tamaño dos carteis será de 42×30 cm en posición vertical, sobre cartón-pluma, sen marxes e sen montura de ningún tipo para evitar que se combe. O tamaño do logotipo será de 15X15 cm. Tanto os carteis como o logotipo terán que ser presentados tamén en soporte dixital cunha resolución mínima de 300 ppp.

A técnica e as cores empregados serán libres sempre e cando non existan dificultades de cara á súa reprodución.

Na creación da cartelería debe terse en conta que requirirá, de cara á súa publicación, a inclusión do logo creado para este certame e o logo oficial do Concello, elementos que non deben figurar no deseño orixinal.

Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, ben sexan de creación individual ou en grupo. As obras deberán ser inéditas e non supoñer, en todo ou en parte, copia ou plaxio de escenas fotográficas, carteis ou debuxos xa publicados en calquera das súas formas. Quedarán excluídas se foron premiadas con anterioridade noutros certames ou concursos.

Poderán participar no certame os mozos e mozas de 16 a 30 anos, empadroados en Santiago de Compostela ou que estean realizando os seus estudos nun centro educativo deste municipio.

As obras poderán ser presentadas a título individual ou en grupo, tendo en conta que se debe especificar a parte da autoría que lle corresponda a cada membro do grupo (logo, imaxe, texto…)

O premio do certame consistirá en ser a imaxe da Concellería de Xuventude, estando presente en todos os elementos promocionais resultantes o nome do premiado.

Ademais o gañador recibirá unha Tablet Kindle Fire HD 8,9 Pantalla HD de 8,9″ (22,6 cm), audio Dolby, wifi de dobre banda e dobre antena de 16 GB.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2013

Máis información no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche (Rúa de Frei Rosendo Salvado nº14-16), Teléfono 981 543 001

11 de novembro de 2013 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.