I Certame de Cartas de Amor para Maiores en Allariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

A área de maiores da concellería de Benestar Social do Concello de Allariz organiza o I Certame de Cartas de Amor para Maiores.

O I Certame de Cartas de Amor para Maiores pretende tratar o sentimento do amor dende unha visión xeral, “non só cara á parella ou cara un mesmo, senón cara a xente que nos rodea ou cara algún lugar especial” segundo nos explicaba a técnica Nieves Rodríguez.

A chegada das novas tecnoloxías fixo diminuír a comunicación por carta e con esta iniciativa “queremos dar unha merecida homenaxe a aqueles tempos nos que só se dispuña de papel, tinta e as nosas ideas para crear liñas que contiveses os nosos pensamentos e sentimentos”.

O certame está dirixido a todas aquelas persoas interesadas, que sexan pensionistas ou sexan maiores de 65 anos. Deberán escribir as súas cartas e metelas nun sobre xunto cos seus datos persoais  e un seudónimo ou apodo co que se identificarán; e entregalas no Fogar dos Maiores antes do 15 de xaneiro de 2014.

As cartas estarán dispoñibles no Facebook do Concello de Allariz, no Fogar dos Maiores e na Biblioteca Municipal para a súa lectura. As persoas que o desexen poderán votar, nas urnas habilitadas para tal fin, pola súa carta favorita.  As tres mellores cartas obterán un premio que se entregará o 14 de febreiro de 2014, Día dos Namorados.

28 de novembro de 2013 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.