Hostaleiros, restauradores e empresarios turísticos debaten sobre as novas tendencias do sector en Santiago
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, inaugurou no Hostal dos Reis Católicos o Seminario de Innovación Hoteleira, dirixido polo crítico de hoteis Fernando Gallardo. Este Seminario, dirixido a hoteleiros, restauradores e empresarios turísticos, é unha invitación a descubrir que significa innovar en hostalería e a compartir con outros profesionais do sector novidades, experiencias e tendencias. Abórdanse temáticas como o deseño do servizo e as liturxias na nova hostalería ou as novas tendencias hostaleiras para 2014.











