Homenaxe a Manuel Astray e Jesús Iglesias polos 30 anos que levan dedicados á Policía Local de Ordes

Homenaxe a Manuel Astray e Jesús Iglesias
Os axentes locais Manuel Astray e Jesús Iglesias celebraron hoxe os seus 30 anos de servicio no corpo da Policía Local de Ordes. Para elo organizaron unha xuntanza na que non faltaron o actual alcalde e o antigo edil, Manuel Regos e Manuel Astray respetivamente. Un acto ao que tamén acudiron todos os seus compañeiros de traballo, e incluso algún dos que xa están xubilados. No acto Manuel Regos agradeceulle a ambos a súa dedicación durante todos estes tempos, e describiunos como un exemplo de “traballadores a quen lles tocou iniciar a súa traxectoria de servizo nun momento de transición política, con todas os problemas que elo supoñía”. Finalmente físolles entrega dun agasallo en nome do Concello de Ordes, en recordo do momento vivido. Tanto Manuel Astray como Jesús Iglesias tiveron ocasión para compartir anécdotas e agradecer tamén a colaboración de dirixentes e compañeiros de traballo durante todo este tempo. Finalmente todos xuntos brindaron “por outros 30 anos máis”.











