Hixienización dos parques de area do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Parques e Xardíns do Concello está a traballar nestes días na hixienización dos parques infantís de area do municipio. Estase a traballar en Tomeza, Praceres, Mollabao, Barcelos, Miradoiro de Monte Porreiro, da rúa Portugal, e no Parque da Seta de Campolongo.

Os traballos consisten en limpar e airear a area do parque. Son traballos habituais –polo menos, dúas veces ao ano- que realiza a Concellaría co obxectivo de mellorar a vida útil destas áreas infantís. Xeralmente realízase outra limpeza cara a primavera ou o verán.

Aproveitando estes traballos de saneamento dos parques de area, a Concellaría arranxará e substituirá varias pezas dos xogos infantís do Parque da Seta de Campolongo.

2 de novembro de 2013 | 11:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.