Gustavo Rodríguez acada o 21º posto no Ironman de Florida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaTui
A-
A+
Gustavo Rodríguez

Gustavo Rodríguez

O triatleta tudense Gustavo Rodríguez acadou un espectacular 21º posto no Ironman de Florida, celebrado a pasada fin de semana.

Nesta proba, na que participaron máis de 3.000 persoas, Gustavo tivo que nadar 3,8 quilómetros, facer 180 quilómetros en bicicleta e correr 42,195 quilómetros, e a marca obtida foi pouco máis de oito horas e media (nadar 00:55:29 / bicicleta 04:32:26 / correr 03:01:26).

O Concello de Tui desexa felicitar a Gustavo Rodríguez polo magnífico resultado acadado neste Ironman de Florida, e pola excelente tempada realizada neste ano 2013, onde obtivo primeiros postos tanto nas probas de triatlón como de duatlón.

5 de novembro de 2013 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.