Granja abordará cos responsables de Fomento as distintas alternativas ao Camiño Real en Trabanca Sardiñeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A concelleira de Obras, Ana Granja, abordará cos responsables de Fomento e da empresa adxudicataria das obras da alta velocidade ferroviaria a problemática creada tras o corte do Camiño Real ao seu paso por Trabanca Sardiñeira. A edil desprazouse este mediodía ata a zona para comprobar in situ os problemas de comunicación denunciados polos veciños que non consideran aceptable a alternativa proposta por Fomento de utilizar como paso un camiño a través dun eucaliptal.

Granja contactou hoxe mesmo cos responsables da adxudicataria e de Fomento para fixar coa maior brevidade posible un encontro para buscar alternativas á situación actual. Ademais, solicitou que paren a construción do peche perimetral ata que non se atope unha solución.

27 de novembro de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.