Grande éxito da “II Festa da Familia” no Multiúsos
Grande tarde vivida onte no Multiúsos Fontes do Sar, onde máis de 2000 afeccionados se reuniron para celebrar co Santiago Futsal a segunda edición da “Festa da Familia” que culminou coa vitoria dos santiagueses ante o Xaén Paraíso Interior por 6-3. O excelente alcalde de Santiago D. Ángel Currás e a concelleira de servizos sociais Dña. María Castelao, estiveron presentes tanto no vestíbulo de entrada do Multiúsos cos máis pequenos, como no partido.
Ás 16,30h comezaron a chegar os primeiros afeccionados que puideron gozar cos inchables situados no vestíbulo de entrada, onde os nenos e nenas gozaron ata ben entrado o comezo do partido. Planeta Magic ocupouse dos máis pequenos, moitos dos cales se atreveron a que se disfrazan eles e pintarse a cara con motivos de Halloween. O momento doce púxoo Pecados de Compostela, que repartiu 3000 gominolas entre os afeccionados.
Pero tamén houbo tempo para a solidariedade, e é que se recadou gran cantidade de material e produtos para a Asociación Xuntos Podemos, que serán doadas ás ONGs e asociacións coas que colabora.
Antes do partido, Borja Golán realizou o saque de honra tras conseguir por undécima vez o campionato de España de squash. Ademais, onte mesmo actualizouse o ranking mundial e o xogador compostelán alcanzou por primeira vez o oitavo posto.
No descanso, sorteáronse os habituais regalos de Star Center e Hotel Oca Puerta del Camino tras dous divertidos xogos entre os afeccionados.











