Gondomar programa unha actividade nos colexios e a lectura dun manifesto con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A Concellaría de Igualdade, con motivo da conmemoración o próximo 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, programa unha actividade na rede de colexios do municipio e a lectura dun manifesto o vindeiro luns diante do Concello.

As Axendas pola Igualdade

AXENDAS POLA IGUALDADE é un proxecto que está implicando a 111 rapaces e rapazas de 4º de primaria dos catro CEIP do concello na resolución das desigualdades de xénero, de xeito que estes asuman o protagonismo e actúen como axentes dinamizadores do cambio na sociedade.

Sensibilizando e documentando a estes rapaces, están sendo capaces de deseñar e realizar unha Axenda Escolar de uso persoal que terán presentes durante todo o ano con contido comprometido coa igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero.

Acto institucional

Realizarase o vindeiro luns, 25 de novembro, diante do Concello a partir das 12.00 horas e consistirá na lectura dun manifesto contra a violencia de xénero. Ao acto convídase o público en xeral, que acompañará á corporación municipal durante a lectura do manifesto.

22 de novembro de 2013 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.