Gondomar impulsa a quinta campaña de adhesión e difusión do Carné Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Baixo o lema de Ser mozo en Gondomar ten desconto, a concellaría de Xuventude do Concello promove a 5ª campaña de adhesión e difusión do  CARNÉ XOVE.

O Carné Xove, dispoñible para a mocidade de 12 a 30 anos, ofrece ao usuario numerosos vantaxes  e descontos a nivel autonómico, nacional e internacional na cultura, transportes, aloxamentos, comercios e no ensino. Ademais,  a nivel local o mozo/a que faga o carné no Concello de Gondomar, terá a posibilidade de participar no programa Infomóbil  no que, de balde,  se lle ofertará un servizo de mensaxes sobre información en áreas que sexan do seu interese (cursos, actividades ocio, becas, campamentos, etc).

O impulso que, tanto o Concello como a Concellaría de Xuventude está a realizara través deste plan de adhesión fixo posible que se pasase da emisión de 75 Carnés Xoves no ano 2008, a 168 en outubro do 2013; e de 3 comercios adheridos ao programa pasouse a 23, entre os que se atopan: Arcos moda, Calzados Eva, Ruanos Moda, LT peluquería, Netcom servicios informáticos, Papilo librería, Chévere, Azahar centro Estética, Bell-Isa,  Droguería Avenida, Herboristería Bambú,  Décimas deporte, autoescuela San Benito, Óptica Alemana, Óculos Óptica, Zaloira moda, Publix axencia publicidade , Libraida, Juan Domínguez Roupa, Tejidos y novedades Carmen, Librería Plaza, Jabe Cocinas, Asesoría Pasaxe  ou Normas Hostel…

8 de novembro de 2013 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.