“Gaivotas subterráneas” pecha os “Venres Teatrais” da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaCalendario
A-
A+

O ciclo “Venres Teatrais” terá un peche de auténtico luxo ao contar cunha das pezas teatrais máis destacadas do ano a cargo de dous actores galegos de recoñecido prestixio.

Gaivotas Subterráneas é a historia do reencontro de dous vellos amigos con contas pendentes do pasado e a promesa dun futuro mellor en forma de estafa. Luis Iglesia e Xabier Deive -coñecidos polos seus papeis en diferentes series de televisión e, especialmente, por dar vida a Carmelo Matalobos e a Diego Dourado na exitosa serie da TVG Matalobos– manterán o suspense entre o público presente durante os 95 minutos de duración da representación.

A obra é un texto de Alfonso Vallejo e a actuación está dirixida polo ceense Artur Trillo.

A actuación, que é recomendada para o público adulto, será este venres a partir das 21.00 horas na Casa da Cultura da Laracha. Como de costume neste tipo de ciclos teatrais organizados polo Concello, a entrada é gratuíta para os veciños residentes no municipio.

27 de novembro de 2013 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.