Fulano, Mengano e Citano farán en Gondomar un percorrido pola “Louca Historia de Galicia”
A programación cultural do Concello de Gondomar organiza para esta fin de semana dúas citas co teatro.
O sábado será o turno para A Louca Historia de Galicia, da compañía Fulano, Mengano e Citano. A obra fai un percorrido en clave de humor ácido a través das nosas orixes, costumes e tradicións. Terá lugar no Auditorio Lois Tobío, ás 22.00 horas. O prezo da entrada é de 3’50 euros.
Pechará a semana o espectáculo KeTkjas, de Barafunda. A peza vai dirixida a toda a familia, en especial aos máis pequenos. Da man do pallaso Pico, aprenderán que o aseo matutino pode converterse nunha auténtica odisea, dándolle unha volta de rosca ás rutinas máis cotiáns do baño. A cita será o domingo 24, ás 18.00 horas, no Auditorio Lois Tobío. O prezo da billeteira será de 2’50 euros.











