Fran Pérez “Narf” presenta o seu último traballo “Nas tardes escuras” no Centro Cultural Torrente Ballester

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

Narf, nome artístico de Fran Pérez, subirase pasadomaña xoves, día 14, ao escenario da capela do Centro Cultural Torrente Ballester dentro do ciclo “As Noites en Capela”, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, para presentar o seu novo traballo discográfico Nas tardes escuras. O concerto comezará ás 21:00 horas e as entradas pódense adquirir de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou ben a través de Internet, na páxina www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

Este traballo discográfico convirte en cancións doce coñecidos poemas de Rosalía de Castro e supón o diálogo entre dous artes e dous artistas. Un músico cunha marcada identidade e un estilo persoal xa consolidado, e unha muller que converteu a súa obra en paradigma da cultura galega.

12 de novembro de 2013 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.