Fene inicia o programa “De peques a maiores: compartindo espazos”
O concello de Fene dende a Área de Servizos sociais, igualdade e educación, leva a cabo o programa de peques a maiores: compartindo espazos, no que se enmarca ESPAZOS COMPARTIDOS, subvencionado pola Deputación da Coruña.
Esta aberto o prazo de matricula ata o día 11 de novembro, para facer entregar da ficha de inscrición nos centros educativos de primaria.
As sesións desenvolveranse nos centro escolares de primaria realizaranse grupos para o alumnado de 1º a 3º de Primaria e grupos para o alumnado de 4º a 6º
Inicio a partir do 18 de novembro – Remate no mes de maio.
O programa consta de dous ámbitos de intervención:
ESPAZOS EDUCATIVOS:
Estes espazos teñen como obxectivo adquirir ferramentas necesarias para o estudio e o desenvolvemento persoal, potenciando as habilidades persoais e reforzando habilidades instrumentais básicas. Todo isto utilizando o xogo, a creatividade, concentración, atención, lectura, comprensión, ….
As sesións están destinadas para alumnado de 6 a 12 anos.
ESPAZOS FAMILIARES:
Realizaranse dúas sesións ao mes coas familias interesadas. Asesorarase sobre o papel da familia no estudo, aprendizaxe e no crecemento dos nenos e nenas. Así como no seguimento dentro dos grupos.
Chamarase as familias que os/as fillos/as están inscritos informando do día e hora e logo se anunciara con carteis xa que está aberta a todas as familias do termo municipal
A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal, Mª José Paz Rodríguez.











