publicidade hoxe

Formación en prevención de riscos laborais no I Obradoiro de Emprego Conca do Lérez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+
Participantes no obradoiro

Participantes no obradoiro

Os 22 alumnos/as do I OBRADOIRO DE EMPREGO CONCA DO LÉREZ ,8 alumnas da especialidade de Atencion sociosanitaria a domicilio de Cotobade e 14 alumnos/as de traballo forestal xardinería de Cerdedo e Campo Lameiro, empezaron na mañán de hoxe coa formación de 50 horas en Prevención de Riscos laboráis. Trátase dunha formación complementaria aos oficios de traballo forestal — /xardinería e axuda a domicilio nos que se están formando desde o pasado 28 de outubro. Formación moi importante para o densenrolo práctico  das especialidades formativas.

No transcurso desta formación faise moito fincapé no traballo, os riscos profesionais, manipulación de cargas, plans de emerxencia, o control da saúde. Está enfocada a prevención dos accidentes de traballo, establecendo as medidas preventivas e indentificar o procedemento de actuación ante una situación de sinistro.

Os alumnos/as verán próximamente esta aprendizaxe en prevención de riscos laboráis que ahora aprenden de maneira teórica aplicada nas obras e servicios que imos desenrolar  neste Obradoiro e nos que van poner en práctica a aprendizaxe do oficio.

8 de novembro de 2013 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.