Ferrol organiza o II Concurso escolar de debuxo “Que é para ti a inmigración”
A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, abre o prazo para participar no II Concurso de debuxo para nenos e nenas de Educación Primaria dos centros educativos de Ferrol, iniciativa enmarcada dentro do “I Plan Local de Inmigración”. Os interesados en presentar o seu traballo poderán facelo, ata o vindeiro 7 de decembro no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, onde deberán facilitar os seus datos persoas e o teléfono do pai, nai ou titor.
O certame “Qué é para ti a inmigración” ten como finalidade achegar unha reflexión consciente do alumnado sobre a oportunidade e riqueza que supón a variedade de oríxenes, etnias, idiomas e culturas, e prever actitudes de rexeitamento do diferentes. Así, preténdese conseguir cos debuxos reflictan temas relacionados coa convivencia intercultural, así coma as distintas costumes, usos, vestiario, folclore, etc das persoas procedentes doutros países e que viven canda nós.
Requisitos e premios
Os traballos serán presentados por un só autor/a que participará na primeira categoría -se cursa 1º, 2º e 3º de Primaria- e na segunda -para 4º, 5º e 6º-. Así, a temática deberá estar relacionada coa integración da poboación inmigrante ou a igualdade existente entre tódalas persoas con independencia da súa orixe, raza ou nacionalidade. As obras deberán ser orixinais, con calquera material ou técnica pictórica, e poderán ter calquera tamaño.
O xurado do concurso avaliará o debuxo de acordos cos criterios de adecuación ao tema, calidade, técnica, composición, creatividade e orixinalidade. Así, os premios e diplomas serán entregados nun acto público que terá lugar o vindeiro 18 de decembro con motivo do Día da Inmigración no Edificio Social, situado na rúa Sánchez Barcaiztegui. Na xornada conmemorativa, tamén se realizará a posta en escena dunha pequena obra teatral por parte do alumnado dos cursos de alfabetización en lingua galega e castelá, enmarcados dentro do “I Plan de Inmigración”. Segundo a categoría, os galardóns que se concederán son os seguintes:
1º Categoría:
– 1º premio: unha cámara dixital.
– 2º premio: unha caixa de pinturas
– 3º premio: un lote de libros infantís.
2º Categoría:
– 1º premio: unha PSP.
– 2º premio: un MP4.
– 3º premio: uns auriculares.











