Ferrol investirá 30.000 euros no arranxo do pavimento viario en Fonte do Conde
O Concello de Ferrol reparará o pavimento do viario en Fonte do Conde, co obxecto de mellorar o drenaxe e calzada do treito de Fonte do Conde a Rioxunto. Este compromiso foi asumido polo Goberno Municipal que preside Jose Manuel Rey Varela e responde a unha demanda dos veciños e veciñas de Esmelle. Así, durante a xornada de hoxe, os concelleiros de Servizos e Medio Ambiente e Igualdade e Xuventude – Borja Carro Muñoz e Verónica Casal Míguez, respectivamente- mantiveron un encontro de traballo cos representantes veciñais da parroquia de Esmelle.
Ademais de comunicarlle aos veciños este compromiso -que inclúe a limpeza e perfilado de cunetas-, así como o barrido da calzada e pavimentación da mesma, os responsables do Executivo ferrolán repasaron os traballos acometidos durante estes días ao abeiro da segunda fase do Plan de Barrios. En canto ás tarefas das empresas que traballan para o Concello, cómpre salientar que o servizo de roce e limpeza de cunetas que contempla o roce de noiros, limpeza de marxes e cunetas de camiños, roce e limpeza de terreo e poda e recollida. Este servizo de roce e limpeza garante dúas pasadas ao ano na zona rural.
A valoración económica dos traballos do Plan de Barrios en Esmelle ascende a 8.546,1 euros, aos que hai que sumar os 34.744,22 euros que se investirá para a mellora do pavimento en Fonte do Conde. Entre as actuacións acometidas nesta zona do rural destacan as seguintes:
– Limpeza de papeleira e contedores. Ademais da reparación de 6 contedores.
– Limpeza e desatasque da tajea en Rioxunto 58.
– Roce e limpeza de fontes e lavadoiros da zona.
– Un total de 41,7 metros lineais de sinalización viaria e trazado de 4 cedas ao paso e 4 stops.
– Actuacións de mantemento correctivo e preventivo e control de calidade do servizo de abastecemento de augas.
– Un total de 3.200 metros cadrados de roce da zona verde do Mago Merlín e proximidades. Ademais de traballos de arboricultura.
– Revisión do funcionamento e estados do Parque Infantil de Esmelle.











