Ferrol distribúe 2.500 galletas por toda a cidade na campaña “Eu son doce non son violent@”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Reparto de doces polas rúas ferrolás

Reparto de doces polas rúas ferrolás

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, participou esta mañá no inicio da semana de actos organizados pola Concellería de Igualdade do Concello de Ferrol con motivo da celebración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. A lenda institucional deste ano contra a Violencia de Xénero é: “Eu son doce non son violent@”.

Arredor de 2.500 galletas, coa lenda da campaña,foron repartidas por toda a cidade. Así mesmo, instaláronse expositores informativos nas prazas de Armas e Amboaxe. O primeiro edil da cidade acompañado pola concelleira de Igualdade, Verónica Casal Míguez, acudiu ao mostrador da praza de Armas para participar neste acto contra da violencia de xénero. Rey Varela manifestou o seu apoio á campaña “que ten un magnífico mensaxe de solidariedade”, e destacou a importancia da concienciación e da educación “para que esta lacra remate”.

O Concello de Ferrol tamén está a impulsar diferentes actos conmemorativos, realizados en base ao II Plan de Igualdade que representa un compromiso do Goberno Municipal no avance pola igualdade. A concelleira Verónica Casal sinalou se está gravando un vídeo –  clip infantil con nenos e nenas que viven na zona rural do municipio ferrolán. Así mesmo, tamén se realizarán unhas conferencias sobre a “trata de brancas”, impartida polos especialistas Miguel Pajares e Silvia Pérez. Estas charlas terá lugar este venres, día 29 de novembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas, no Salón de Actos do Campus Universitario de Esteiro. Ademais, haberá diferentes exposicións fotográficas baixo o nome “A muller no século XXI” e que terán lugar ao longo de todo o vindeiro ano na Casa da Muller. Estas mostras, de carácter individual, recollerán a visión de varias fotógrafas ferrolás sobre a muller no século XXI e irán acompañadas cun texto que reflicta a súa perspectiva.

25 de novembro de 2013 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.