Ferrol aglomerará a pista de Marmarcón que comunica o lugar do Campòn co de Hesperón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol que preside Jose Manuel Rey Varela continua desenvolvendo a segunda fase do Plan de Barrios, un ambicioso programa de coordinación dos servizos municipais e das empresas que traballan para a Administración local que durante unha semana intensifican a súa actividade nun barrio ou parroquia da cidade.  Este plan permite manter un contacto periódico e directo coas entidades veciñais e intensificar un mínimo de dúas veces ao ano os traballos de mellora e mantemento en parques e xardíns, abastecemento, iluminación, roce e limpeza, mantemento de viarios, limpeza, etc. Así, na xornada de hoxe a  voceira do Goberno Municipal e concelleira de Participación Cidadá, Martina Aneiros Barros, e o concelleiro Servizos e Medio Ambiente, Borja Carro Muñoz, mantiveron un encontro de traballo cos representantes veciñais de Marmancón.

Ademais de repasar as actuacións levadas a cabo estes días na parroquia ferrolá, os responsables do Executivo ferrolán chegaron ao compromiso coa entidade veciñal de acometer o aglomerado da pista que comunica o lugar do Campón co de Hesperón, recollendo así a demanda feita hoxe mesmo polos veciños. En canto ás tarefas das empresas que traballan para o Concello, cómpre salientar que o servizo de roce e limpeza de cunetas está esta semana acometendo a segunda pasada do ano pola parroquia, tras a que se executou nos albores do verán.

A valoración económica  dos traballos do Plan de Barrios en Marmancón ascende a uns 5.000 euros. A edil Martina Aneiros ocupouse de repasar coa agrupación de veciños as máis salientables. Así, entre outros traballos, a titular de Participación Cidadá e voceira do Goberno Municipal fixo fincapé nas tarefas de limpeza levadas a cabo por Urbaser –empresa concesionaria do servizo- en toda a parroquia de Marmancón, con especial atención á zona do local social, marquesiñas de autobús e lavadoiros. Ademais, procedeuse ao lavado e baldeo manual da pista polideportiva do local social; e unha actuación especial no lavadoiro do Río Grande. utras tarefas acometidas en Marmancón dentro do Plan de Barrios ás que tamén se referiu a edil ferrolá foron: o pintado de 3 stops; a substitución de 3 difusores rotos e un poste en mal estado; actuacións de mantemento preventivo e control de calidade do servizo;e, por último, o incremento da presenza policial.

5 de novembro de 2013 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.