Ferrol acolle unha conferencia sobre Richard Wagner con motivo do bicentenario do seu nacemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol e a Sociedade Filharmónica organizan este mércores, día 13, ás 19:30 horas unha conferencia sobre Richard Wagner na Sala Audiovisual da Biblioteca Municipal Central. Esta actividade serve para conmemorar o bicentenario do nacemento deste virtuoso da música romántica.

A charla, impartida por Julia María Dopico Vale, será complementada cunha posta a disposición dunha ampla mostra discográfica e bibliográfica para o préstamo a todos os usuarios da biblioteca. O virtuoso Giuseppe Verdi tamén tivo o seu homenaxe a través dunha conferencia que se celebrou o pasado 30 de outubro.

Ademais, os usuarios da Biblioteca Municipal teñen á súa disposición dunha ampla mostra discográfica e bibliográfica para o seu préstamo.

11 de novembro de 2013 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.