Ferrol acolle o “I Foro de Turismo e Comercio”
A Concellería de Turismo do Concello de Ferrol, que dirixe María del Carmen García Fraga, informou sobre o “I Foro de Turismo e Comercio Ferrol 2013” que terá lugar os vindeiro días 25 e 26, en horario de 16:00 a 19:00 horas, no Parador de Turismo de Ferrol. Este evento está organizado polo Concello de Ferrol en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña e se engloba no convenio de cooperación entre as administración dentro do “Plan para a mellora da competitividade turística”.
O obxectivo deste foro é dar a coñecer a autónomos e pemes de actividades turísticas, hostaleiros e comerciantes, as ferramentas -na súa maioría gratuítas- máis favorables para unha eficaz xestión dos seus negocios, así como para chegar mellor aos seus potenciais clientes utilizando internet, redes sociais e dispositivos móbiles. Esta idea de impartir formación en talleres moi prácticos, xorde pola constancia dun gran descoñecemento por parte dos sectores mencionados anteriormente en relación ao uso das novas tecnoloxías, usos e hábitos do turista e dos consumidores actuais, cada vez máis esixentes.
Así mesmo, estas xornadas pretenden fomentar o emprendemento no ámbito turístico e das novas tecnoloxías na comarca de Ferrolterra. Actualmente, os emprendedores deben tratar de lograr diferenciarse da competencia e aprender a manexar unha serie de ferramentas que proporcionan visibilidade na rede. Dito falarán varios poñentes, expertos formadores en temas de vendas, neuromarketing, emprendeduría e internet.
O acceso ao “I Foro de Turismo e Comercio Ferrol 2013” é libre e o programa é o seguinte:
Día 25
– “Neuromarketing: Cómo incrementar as vendas no sector do turismo e o comercio”. (16:00-17:00 horas).
– “Claves para emprender en contextos competitivos”. (17:00-18:00 horas).
– “Taller de creación de blogs con wordpress” (18:00-19:00 horas).
Día 26
– “¿Cómo aproveitar os servizos de Google para a promoción dixital da miña empresa ”. (16:00-17:00 horas).
– “¿Cómo crear, publicar e difundir vídeos en formato dixital para a promoción do meu negocio?”. (17:00-18:00 horas).
– “¿Cçomo aproveitar o novo canle de comunicación ofertado polos dispositivos móbiles: smartphones e tablets?” (18:00-19:00 horas).











