Fene amortizará neste exercicio préstamos e intereses dende o 2000 por valor de 459.000 euros
O concello de Fene deberá levar a efecto as amortizacións anuais dos préstamos solicitados no ano 2000, 2001, 2005, 2008 e 2010 e os seus correspondentes intereses por un importe total de 371.425 euros.
Da citada cantidade deberase abonar a BBVA (antes Banco de Crédito Local) a suma total de 233.960 euros por diversos préstamos concertados no seu día. Aínda así, a partida mais importante corresponde ao refinanciamento dun crédito do ano 2000 cuxa amortización anual ascende a 83.500 euros.
Igualmente deberase abonar a Novagaliciabanco a suma total de 137.525 euros dos que a que a partida mais importante corresponde a un crédito refinanciado do ano 2000 por importe de 71.125 euros.
Por último abonarase a amortización do préstamo ICO solicitado no ano 2011 para o abono das facturas pendentes a data 30 de abril de 2011 cuxo importe ascende a 79.625 euros.
Todo iso supón destinar ás entidades bancarias a cantidade de 459.000 euros que ano tras ano veñen minguando o investimento do concello en bens, servizos, e investimentos en camiños, redes de sumidoiros e abastecementos.
Realizadas ditas amortizacións quedará unha débeda bancaria pendente de 1.600.000 euros.











