publicidade hoxe

Fecimo continúa en Moaña a súa campaña Exprímea! con dúas azafatas en “segway”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoaña
A-
A+

Nas localidades do Morrazo estase a desenvolver unha serie de actividades para dinamizar a campaña EXPRÍMEA!  Dúas azafatas en “segway” informaron hoxe aos veciños de Moaña desta campaña, mentres outra azafata lles entregaba unha laranxa (imaxe da campaña) e unha tarxeta de participación cun selo de agasallo. Mañá xoves estarán en Bueu, e o venres en Cangas.

Esta campaña posta en marcha por FECIMO está operativa ata o día 9 de decembro e o día 10 procederase ao sorteo de premios.

Serán serteados 2.500€ en premios, repartidos en 25 cheques compra de 100€. A campaña está a ter moita aceptación entre o público, que aínda ten tempo de cubrir as súas tarxetas de participación para o sorteo. Cantas máis cubran, máis posiblidades de gañar.

13 de novembro de 2013 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.