FECIMO asina un convenio cun fotógrafo colaborador de Google para promocionar as empresas asociadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Sinatura do convenio entre Fecimo e o fotógrafo de Google

Sinatura do convenio entre Fecimo e o fotógrafo de Google

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO ven de firmar un novo convenio con “Antón Barbosa Fotografía – Fotógrafo de confianza GOOGLE” para facilitar a promoción das súas empresas asociadas neste coñecido e utilizado buscador. Google pon a disposición dos propietarios de negocios locais as plataformas Google Places e Google Local+, dúas ferramentas que poden utilizar para dar visibilidade na rede aos seus establecementos.

O acordo firmado entre FECIMO e Antón Barbosa recolle condicións preferentes e descontos sobre tarifas para a realización dos “tours virtuais”. Acolléndose a este convenio as empresas asociadas poderán obter un servizo especial, pois buscando en Google o nome da tenda, o cliente poderá visitar e moverse por dentro do negocio coñecendo así de antemán as instalacións dos mesmos. Estes tours virtuais realízanse coa tecnoloxía de “Google Street Views” e é un servizo exclusivo dos fotógrafos de confianza de Google.

Ademais dos descontos en tarifas, o acordo contempla unha sesión informativa para as empresas asociadas a FECIMO no que se amosará o potencial de Google Places como ferramenta de posicionamento On-line e a súa importancia nas búsquedas de Google. A charla terá lugar o vindeiro 26 de novembro ás 21:00h nas sede de FECIMO, e será exclusiva para asociados.

18 de novembro de 2013 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.