Fafe Cidade das Artes representaráa fábula de O Gato Malhado e a Andorinha Sinha en Gondomar
A compañía portuguesa Fafe Cidade das Artes trae a Gondomar o espectáculo O Gato Malhado e a Andorinha Sinha, unha peza inspirada no pequeno romance escrito en 1948 polo autor brasileiro, Jorge Amado. A fábula narra o amor imposible entre un gato solitario e malhumorado e unha xoven e xentil andoriña. Unha historia que nos fará ver que para avanzar e mellorar é preciso ver o mundo doutro xeito, ao marxe de calquera prexuízo ante as diferenzas.
A cita terá lugar no Auditorio Lois Tobío, o sábado 9, ás 22.00 horas. O prezo da entrada será de 3.50 euros.
O fin de semana remata co concerto da soprano Dania D’Alfonso. En Luce dell’aria, a soprano de nacionalidade cubana e española e residente desde o 2000 en Galicia, interpretará un repertorio moi escollido de distintas arias de ópera de difícil execución, baixo a dirección do maestro José P. e co acompañamento da pianista Xiara.
Será o domingo, 10 de novembro ás 20.00 horas, no Auditorio Lois Tobío. Prezo por entrada: 5 euros











