Extenuante percorrido do Burela FS na busca de oitavos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

Vinte e cinco longas e esgotadoras horas terá que percorrer o CD Burela FS Pescados Rubén antes de saltar á pista do seu rival nos dezaseisavos da Copa do Rei, o Melilla FS, sétimo clasificado de Segunda División. O pavillón Javier Imbroda acollerá a cita ás 21.00 horas.

Coincidindo coa xornada de descanso burelista en liga, este será o único compromiso da semana para os laranxas, que partiron de terras galegas hoxe ás 7.00 horas e chegarán ao seu destino mañá ás 8.00 horas.

Juanlu non poderá contar nin con Álex, que sufriu un golpe no xeonllo esquerdo o sábado ante Montesinos, nin Christian, que arrastra unha contractura de isquiotibiais; entra na convocatoria o meta Brais.

Resto de emparellamentos:

Sporting San Vicente 4-2 Gáldar Gran Canaria 

Martes 5 de novembro

Cartagena-Jaén Paraíso Interior

CDFS Ategua-Inter Movistar FS

Hospitalet Bellsport-Umacón Zaragoza

FS Nazareno-CD Dominicos

Maxon Montcada-Xota FS

Noia FS-Marfil Santa Coloma

Temisas CDF-Azkar Lugo FS

Fonononós Gomerón-FC Barcelona

Miércoles 6 de novembro

Carnicer Torrejón-ElPozo Murcia

Uruguay Peruanos-Ribera Navarra

Ziérbana-Peñíscola

Caja Segovia-Santiago Futsal

Brihuega FS-Jumilla Montesinos

O Parrulo FS-H. Llevant Manacor

5 de novembro de 2013 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.