Exposición fotográfica sobre a trata de menores organizada pola Fundación Terra de Homes
O Concello da Coruña informa de que ata o próximo 13 de novembro se pode visitar no Fórum Metropolitano unha exposición fotográfica sobre a trata de menores organizada pola Fundación Terra de Homes. Esta mostra conta, ademais, coa colaboración dos fotógrafos Marcos Martínez e Marcos Cenamor, que cederon imaxes para a campaña ‘Stop ao tráfico infantil’ froito do seu traballo e experiencia en países de África.
A mostra contará coa presenza de voluntarios da ONG, así como información sobre a Campaña ‘Destino Incerto’ que informa da situación actual dos menores en países en conflito e as súas consecuencias.











