Éxito de inscricións no curso gratuíto para deixar de fumar en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia puxo en marcha un curso de carácter gratuíto para deixar de fumar. Xa son moitos os interesados e os que confirmaron praza. As persoas que desexen asistir van contar coa axuda dun equipo de profesionais que deseñarán un plan personalizado adaptado ás necesidades de cada persoa.

“O obxetivo e axudar o maior número de persoas a deixar de fumar, polo que ampliamoa as prazas e o periodo de inscripción ata o 15 de novembro”, sinalou  a asistente social do Concello Elena Ruzo. Xogos de roles, vídeos ou a experiencia en primeira persoa son algunhas técnicas que utilizarán os expertos, un completo programa para deixar o tabaco, abordando facetas como a adicción física, a dependencia psicolóxica e o costume social.

En primeira instancia, mídese o grao de dependencia do tabaco e os motivos que cada cal ten para abandonar o hábito. Logo diso, irase axudando a reducir progresivamente o número de cigarros. O curso é gratuíto e para inscribirse hai que pasar polo Servizos Sociais do Concello ou chamar aos teléfonos 986 718 491, en horario de 08.00 a 15.00 horas. O prazo de inscrición conclúe o próximo 15 de novembro

5 de novembro de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.