Estúdase o proxecto de mellora da estrada Ponte Caldelas – Pazos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, e técnicos da Deputación de Pontevedra analizaron a situación de deterioración na que se atopa a estrada Ponte Caldelas-Pazos co fin de estudar un proxecto de mellora que sería incluído dentro do Plan de Investimentos do ente provincial para o ano 2014.

Perfecto Rodríguez e un técnico da Deputación percorreron a pé os 400 metros lineais de lonxitude do viario de Pazos coa intención de que os encargados de redactar o proxecto de mellora tivesen en conta as peculiaridades desta estrada, con presenza de vivendas a ambos os dous lados do seu trazado, que discorre polo núcleo rural de Pazos.

Este viario, de titularidade provincial, foi utilizado para desviar o tráfico durante a execución da ampliación da estrada PO-255, entre Ponte Caldelas e Forzáns, o que fixo que soportase unha presión sobre o seu asfalto máis intensa do normal, o que provocou a súa actual situación de deterioración.

A intención do Alcalde, Perfecto Rodríguez, é aproveitar a vontade do organismo provincial de acometer obras de mellora neste viario, de  uns 400 metros lineais, para substituír as vellas tubaxes existentes da rede de pluviais, separándoas das de saneamento e, á súa vez, realizar unha adecuada pavimentación que permita deixar a esta estrada en perfectas condicións.

O CONCELLO ASUMIRÍA A SÚA TITULARIDADE, UNHA VEZ REMATADAS AS OBRAS

Nunha recente reunión mantida entre o Alcalde de Ponte Caldelas e o Presidente da Deputación, Perfecto Rodríguez expuxo a posibilidade de que o Concello asumise a titularidade deste viario,  unha vez acometésense as obras de renovación das conducións de pluviais e rede de sumidoiros, tendo en conta que se trata dun viario que, polas súas características, poderíase cualificar como interior xa que as súas 400 metros lineais de lonxitude discorren polo núcleo de Pazos, con moitas vivendas a ambas as marxes da calzada, que impiden no futuro o seu ensanche.

Así mesmo, ao pasar a ser un viario municipal os veciños de Pazos evitaríanse todos os trámites que actualmente teñen que realizar ante a Deputación de Pontevedra para calquera pequena reforma que queiran acometer nas súas vivendas.

Ademais, sendo municipal e tendo en conta que no viario están instaladas tubaxes da rede municipal de saneamento ou auga, facilitarase tamén calquera reparación ou enganche que agora hai que realizar solicitando, previamente, autorización á Deputación de Pontevedra.

Finalmente, unha vez rematadas estas obras, poderíase asumir por parte do Concello de Ponte Caldelas a súa titularidade e, por tanto, o seu mantemento ao ter esta estrada características dun viario interior de acceso ao núcleo rural de Pazos.

27 de novembro de 2013 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.