Estréase o audiovisual arredor da cultura da cidade “Pontevedra é vida”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello estreou hoxe nas redes sociais o video “Pontevedra é vida”, que protagonizará o stand que a cidade ten na Feira das Industrias Culturais Culturgal, no recinto feiral. Pode consultarse na canle municipal de You Tube no seguinte enlace: http://youtu.be/1pFbiwS3gNg O video resume nunha produción de 10 minutos realizada polo Gabinete de Comunicación municipal os distintos aspectos da cultura urbana, desde a literatura, as artes plásticas, a industria editorial, a música e outros elementos que reavivan cada día a capital como xeradora de cultura. A peza estará proxectándose sen pausa durante os tres días que dura a feira, no interior dun recinto protagonizado pola madeira.

28 de novembro de 2013 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.